Onde está a princesa?
Quince anos tiña cando pensaba que era dona do mundo, que non había nada que a puidese deter no camiño que quería seguir. Quince anos tiña e non pensaba en ningún motivo polo que sufrir, agás se o moreno pasaba ou non fronte á ventá e miraba para riba. Nada podía ocorrer que lle impedise sentirse princesa.
Sufriu por amor. Sufriu por desamor, sobre todo de si mesma.
Agora, visto desde agora, nada pode ocorrer xa para que sexa princesa, nin nada... nunca.
0 comentarios