Blogia
forcadas

Volvendo ó conto

Volvendo ó conto

daquel amor tan grande

que sentía por ti...

Volvendo ó conto

agora xa non teño

medo daquel silencio.

 

Porque o silencio é longo,

porque o silencio é tanto

que xa non teño forzas .

nin para sentir medo.

 

Volvendo ó conto,

agora xa non choro.

As bágoas xa secaron,

os ollos xa non brillan.

 

E se atopase outro

que me mirase tenro,

que me dixese "linda"

como ti me dicías...

Se atopase outro, digo,

non vería os seus ollos,

e as palabras de amor

soarían distintas.

 

Volvendo ó conto,

unha e outra vez,

volvendo ó conto.

 

0 comentarios